selecciona as túas entradas
Venta online cerrada.
Para máis información pregunta ao organizador do evento.
Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".
Descripción do evento
Política de acceso
Menores de idade
Estaremos encantados de recibir a calquera menor de idade que queira gozar da Carballeira de Zas, pero precisa vir acompañada/o dun adulto responsable para poder entrar. Durante a súa estancia no recinto, o adulto será responsable de calquera acción que o menor realice.
Para que isto sexa posible, é necesario presentar no despacho de billetes do festival a seguinte documentación:
1.- Se o acompañante durante o festival é o pai/nai/titor legal
Tanto a/o menor como a/o acompañante deberán presentar o seu DNI / Libro de familia / Pasaporte de ámbolos dous ou documento legal que acredite a relación de responsabilidade sobre a/o menor.
Certificado de responsabilidade debidamente cuberto polo acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
2.- Se o acompañante durante o festival NON é o pai/nai/titor legal
Autorización do pai/nai ou titor legal da/o menor debidamente cuberta e acompañada de fotocopia de DNI / Libro de familia / Pasaporte de ambos. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
Certificado de responsabilidade debidamente cuberto pola/o acompañante da/o menor. (DESCARGAR OU PEDIR NO DESPACHO DE BILLETES)
En todo momento tanto a/o acompañante como a/o menor deberán levar o seu DNI / Pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. No caso de cidadáns estranxeiros deberán aportar os documentos oportunos do seu país de orixe.
Tanto a autorización de asistencia como o certificado de responsabilidade poderán recollerse e cubrirse No despacho de billetes do recinto. Para evitar aglomeracións e sorpresas de última hora, dende a organización recomendamos descargar os documentos dende a nosa páxina web e cubrilos con calma, asegurándose encher todos os requisitos.
A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcol aos menores de idade. O menor deberá en todo momento levar o seu DNI.
A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito á devolución do diñeiro abonado pola entrada da/o menor.
Os menores de 14 anos NON terán que pagar entrada pero SI que deberán cumprir todos os requisitos mencionados anteriormente.
Máis info en http://www.festadacarballeira.com
Comentarios
42